LA CRUZADA DE NEVILLE

LA CRUZADA DE NEVILLE

martes, 13 de marzo de 2018

LA FÁBULA DE VERANES Y VERANIUS



BRENS (< *UERĒNES) n.h. (BRENS-Cee-1). Fisterra | Duio (SC). ● [Breis]: Froyla Petri dictus de Breis: 1213 (224:249). ● [Varees]: Sebastiani Dominici de Varees: 1289 (174:206). ● [Verees]: Martinus Iohannis de Verees: 1271 (58:108); Sebastianus Dominici de Verees: 1242 (174:206).

Santa Baya de Brens: MAS 1607 (368), MAS 1607 (382). N.R.54 Lex. (Hidro.) / Prelat. No seu momento, Piel (1948:158) suxerira a posibilidade de evolucionar esta forma toponímica a partir dun antropónimo latino *UERENTĬǓS, variante tal vez de UIRENTĬǓS 55. Porén, os rexistros extraídos de DTT obrígannos a desbotar unha explicación deste tipo, ao tempo que nos autorizan a reconstruír para a expresión Brens unha probábel forma orixinaria *UERĒNES. En auxilio desta hipótese pode aducirse un documento no que o rei Afonso VII lle doa ao mosteiro de San Xián de Moraime a freguesía de San Pedro de Buxantes, sinalando como un dos seus límites as divisiones de Verenes (GHCD 1152) en evidente alusión á actual freguesía de Santa Baia de Brens. Este rexistro escrito, o máis antigo de cantos coñecemos para o topónimo que nos ocupa, confirma por tanto a plena validez desa base etimolóxica *UERĒNES, da que é continuador directo.

 54 Madoz (DGE, s.v. BRENS) dá conta da existencia doutro lugar denominado Brens e pertencente á parroquia de San Pedro de Visma (A Coruña), mais trátase dun erro de transcrición por Bens, nome dunha localidade efectivamente integrada na dita freguesía coruñesa 55 O filólogo alemán mencionaba tamén como posíbel descendente deste nome persoal o topónimo Brence, cuxa forma oficial é na actualidade Abrence e que lle dá nome a unha freguesía do concello de Pobra de Brollón (Ares 2007:241-243).

No tocante á estrutura morfolóxica dese étimo *UERĒNES, o seu constituínte sufixal debe poñerse en relación co que recoñecemos noutros moitos hidrotopónimos de filiación prelatina, como p.ex. Arén, Borbén (med. Boruene TA 951) ou o port. Ourém. A particularidade específica que presenta *UERĒNES é que o sufixo aparece flexionado en plural, circunstancia que o pon en paralelo con outros topónimos como o ast. Tuenes (< *TŪDĒNES, vid. Bascuas 2006:140) ou o gal. Irís, nome dunha freguesía do concello de Cabanas que encontramos documentada sistematicamente nos textos altomedievais como Herenes, rexistro que permite reconstruír unha base etimolóxica *ERĒNES / *IRĒNES56 (Bascuas 2002b:139). Resulta igualmente razoábel que sexa ese sufixo tónico -ēne en forma pluralizada o que encontramos en topónimos como Borreis (med. Borrenes TS 1084) e Covés, este último mencionado en TCaa como inter Andrade et Nugeyrosa, subtus monte Leporario... Sancta Maria de Covenes57 (s.d.). Este testemuño, á súa vez, invalida a explicación dada para este topónimo por Isidoro Millán (1987:63-64), quen partía dun derivado *COUĒNSE resultante da adición do sufixo latino -ĒNSĬS ao subst. *CŎUA (> gal. e port. cova, ast. e cast. cueva) (vid. ALBORÉS). A ausencia de datos documentais máis precisos obríganos a ser cautelosos á hora de facermos extensíbel esta mesma explicación ao constituínte sufixal de topónimos como Liméns, Coéns ou Barés, entre outros, se ben a máis ca probábel filiación prelatina dos radicais léxicos implicados en cada un deles semella favorecer en principio unha explicación nesa liña. Considerando a marcada tendencia do sufixo presente en *UERĒNES a combinarse con bases léxicas prelatinas, é de supoñer que o radical no que asenta o derivado en cuestión pertenza tamén a ese mesmo fondo lingüístico. Neste sentido, cómpre notar que xa Dauzat (1946:115-118) reparara na existencia dun tipo *vāra 'auga', correspondente ao ai. vār 'auga' e xerador de topónimos como o lig. Vara, fr. Vaire, Veyre, Varéza (med. Varisia 1250), Pont-de-Var e outros. A existencia á súa vez dunha variante antiga *vera viría esixida por topónimos como Le Vair (med. Vera) ou Véronne, este último especialmente frecuente na Borgoña e cuxos referentes 56 Evidentemente, a mesma explicación é válida para A Pena de Irís, nome dunha aldea pertecente á freguesía de Irís. 57 O lugar de Covés pertence na actualidade á freguesía de San Martiño de Andrade. Porén, aínda Jerónimo del Hoyo (MAS 310) constata a existencia nesa localidade dunha "hermita de Nuestra Señora de Cobres" (errata ou lectura deficiente de Covés), como vestixio desa antiga parroquia de Sancta Maria de Covenes aludida en TCaa. 

extralingüísticos aparecen sempre situados "sur de petits cours d'eau dont les localités semblent porter l'ancien nom"58. No terreo do léxico común, Dauzat 1978, s.v. VARENNE) remitía a ese mesmo tema *vāra o subst. varenne (< prelat. varenna) 'aluvión', 'terreo areoso', de onde os topónimos (La) Varenne, Varesnes, Varogne, Varennes e La Vernelle (med. Varenella 1092), entre outros. De xeito máis sistemático, Pokorny (IEW 78-81) reconstríu unha raíz *awer- 'auga, río', 'chuvia', algunhas de cuxas concrecións léxicas máis claras serían av. vār 'chuvia', alb. vrënde 'orballo, zarzallo', anórd. vari 'líquido, auga' e ūr 'orballo, chuvia miúda', címr. gwer 'sebo, sebáceo', gr. ἔρση 'orballo'ou mir. frass 'chuvia', entre outros. Cómpre lembrar tamén que o cat. e occ. vern, piam. verna, occ. verna / verno, fr. verne / vergne, bret. gwern, acórn. guern-en, címr. gwernen e mir. fern 'amieiro' remiten todos eles ao célt. *wernā 'amieiro', inseparábel deste radical *awer- e presente segundo parece en topónimos como o med. Vernesga (nome dun afluente do río Ferreira hoxe coñecido como Río de Perros) 59 , Bernesga (nome dun afluente do río Esla, en León), o galo Vernodubrum ou os franceses Verne, Vernois ou Vernusse, para os cales xa Dauzat (1946, ibid.) postulara como orixe o galo *verno- 'amieiro'. Tamén no ámbito do léxico común, e cinxíndonos máis concretamente ao dominio galego, Bascuas (2002b:90-91) suxire a posibilidade de que o gal. barruzar e as súas múltiples variantes (barruñar, barroñar, barrallar...), todas elas coa acepción común 'orballo, chuvia miúda', poidan remontarse a ese mesmo radical, en virtude dunha progresión semántica 'fluxo, río' 'humidade, néboa' 'chuvia, orballo'. A toponimia da raíz *awer- no Noroeste peninsular é moi abondosa. En Galicia resulta cando menos posíbel explicar por esta vía topónimos formalmente afíns a 58 O autor identifica aínda unha variante *vīra a partir de topónimos como Vis, Virenque, Viranne ou Virlogne. 59 Aínda que Moralejo Álvarez (2006b:845, n. 12) considera esta forma como o único testemuño toponímico do célt. *wernā no territorio da antiga Gallaecia, quizais poidamos postular unha orixe similar para a forma Berrimes (nome dun lugar da freguesía de San Xoán de Lousame, no concello homónimo), sempre e cando deamos por válidas as atestacións máis antigas deste topónimo, nas cales concorre baixo a variante Uernimes (TSob 955, 966, c. 971). Nese caso habería que supoñer unha fase intermedia non documentada na que se constataría a metátese da secuencia [|n] (> [n|]), i.e., Uernimes > *Venrimes, a partir da cal xa podería xustificarse sen dificultade a redución [n|] > [r], como nas formas medievais arcaicas *manrei > marrei ( mãer), *venrei > verrei ( vĩĩr) ou en topónimos como Berrande < *Ven'rande < *(UĪLLA) UENERANDĪ (Piel 1982:133

Brens, como son Vrins60 , Verís61 e Virís62. A forma Virís aparece na documentación medieval como Uerinis (TSob 1205), e reencontrámola como apelido na secuencia antroponímica Afonso Aras Veriis (MB 1332). Pola súa banda, Verís concorre baixo variantes como Uerinis (TSob s.d.), Uirinis (TSob s.d., c. 995, 1207), Uirines (TSob s.d.) e Uerines (TSob s.d., 1037). Segundo vemos, os testemuños medievais suxiren unha moi probábel unidade etimolóxica apenas disimulada pola relativa variedade de resultados hodiernos, ao tempo que permiten postular como forma orixinaria un derivado *UER-ĪNES análogo a outros ben coñecidos como Entíns (med. Gentines < GENTĪNES) e interpretábel ao igual ca eles con valor xentílico. Esta é a opción defendida igualmente en termos xerais por Nicandro Ares (1990:53), se ben para este autor é preferíbel entender os topónimos Verís e Virís (e é de supoñer que tamén o seu cognado Vrins) en relación cun antropónimo latino como UERĪNĬǓS ou UĪRĪNĬǓS, p.ex. A nómina de topónimos relacionábeis de xeito máis ou menos razoábel coa forma Brens aínda pode ampliarse de termos en conta expresións como Bara, documentado en DTT baixo as variantes Uara (1160, 1161, 1165, 1169) e Vara (1143, 1190, 1236, 1256, 1277, 1289), e tal vez tamén Baroña, que nese mesmo cartulario aparece como Uaronias (1153) e Varonia (1289), rexistros aos que cómpre engadir aínda Sam Pedro de Varona (MB 1380). Pola súa banda, os topónimos Brans de Arriba e Brans de Abaixo (nome de senllas aldeas da freguesía de Brión, no concello coruñés homónimo), documentados en DTT como Ueranes de Iusano (s.d.) e Veraes (1334), poderían ascender, a xulgar por estes rexistros medievais, a un derivado *UER-ĀNES, quizais con valor xentílico a xulgar pola presenza do sufixo tónico -āne(s) e en calquera caso homologábel, no que á súa estrutura morfolóxica se refire, a outros topónimos de base prelatina como parecen ser Meirás (med. Merianes TSob 1192 < *MER-Ĭ-ĀNES), ast. Limanes (< *LIM-ĀNES), etc.63 Pola súa banda, en Braño, nome 60 Nome dun lugar da parroquia de Figueiras (Santiago de Compostela). 61 Nome dunha freguesía do concello de Irixoa. 62 Denominación dunha parroquia do concello de Begonte, así como de senllos lugares das freguesías de Castillón (Pantón) e Queixas (Cerceda) 63 É posíbel que os topónimos asturianos Veranes e Beranes non sexan máis ca cognados do gal. Brans. De todos os xeitos, tampouco debemos desprezar a posibilidade de que a forma Brans teña como antecedente remoto o antropónimo latino UERĀN(Ĭ)ǓS. A rendibilidade do mesmo na nosa toponimia medieval pode corroborarse a través de formas como Bran, nome de dunha aldea da freguesía de Freixo de Sabardes (Outes), podemos supoñer unha fase orixinaria *UER-ANĬO (cfr. Caamaño / Camaño < med. Calamanio < *CALAM-ANĬO, Laraño < *LAR-ANĬO e similares), xustificada polas formas medievais Ueranio (DTT 1168) e Veranio (DTT 1289). Pola súa banda, a forma Bralo, nome dunha aldea da parroquia de Augasantas (Rois), concorre en diversos documentos de DTT baixo formas como Verallo (s.d.), Ueraro (1234), Veralio (1289) e Veralo (s.d.), as cales lle confiren certa verosimilitude a unha posíbel base etimolóxica *UER-ALLO na que identificamos o sufixo -all(o) / -all(a) ben coñecido a través doutros moitos ítems toponímicos pertencentes ao estrato lingüístico prelatino, como p.ex. Barcala, Bealo, Argalo, Sealo ou Gargalo (vid. TALÓN). Edelmiro Bascuas (2002b:147) vincula tamén con este radical outros moitos topónimos galegos, algúns deles certamente probábeis como p.ex. o par Viriña / Viriño (cfr. ast. Veriña64) ou o nome do río ourensán Veronza, conservado na denominación do lugar de A Veronza, na freguesía de Carballeda (Carballeda de Avia). En troques, outros topónimos dos mencionados polo dito autor non admiten tan doadamente unha interpretación etimolóxica a partir do radical *awer-, ou cando menos iso é o que se deduce dos testemuños achegados pola documentación medieval: pensamos p.ex. no caso de Viro (lugar da freguesía de Roo, en Noia), que concorre en DTT baixo formas como Sancti Cosmedi de Veeru (1289), Ueenru (1206 1207), Ueeru (1161, 1172, 1206, 1214, 1219, 1230, 1277), Uiiru (1236), Uero (1208), Ueerunu (1168), Veenru (1206), Viiru (1236) e sobre todo Veeru (1161, 1172, 1188, 1195, 1198, 1214, 1231, 1289), todas as cales parecen apuntar cara a unha base etimolóxica máis complexa cá suposta por Edelmiro Bascuas. En Asturias, García Arias (2000b:130) relaciona co elemento *awer- topónimos como La Vara, El Quentu la Vara ou Barayu / Varayu, aos cales poden engadirse quizais La Varaya, senllas aldeas das freguesías dos Anxos (Oroso) e Niñodaguia (Santiso). Esta última é a que rexistramos como uilla Uerani nun documento de TSob (c. 971), testemuño que nos autoriza a postular un antigo sintagma UĪLLA UERĀNĪ(Ī) como base etimolóxica. Pola súa banda, a expresión Bra, que o NG rexistra como nome dunha aldea da freguesía de Santa María de Miño e dun lugar e freguesía do concello de Friol, debe ascender máis ben a unha forma *UERĀNA, variante á súa vez de *UERĀNĚA (> braña) e con evolución fonética perfectamente regular (Piel 1989:88). Esta opción etimolóxica conta co apoio do topónimo Brataramundi, no concello galegófono de Taramundi (Asturias), cuxa forma orixinaria debeu ser probabelmente un sintagma *UERĀNA TARAMUNDĪ. 64 García Arias (2000b:268) prefire explicar a forma Veriña a partir do antropónimo latino UERĪNĬŬS, opción en absoluto rexeitábel.

Varadoira e Barajou, segundo J. M. González (1964:145). Este autor sinala ademais a frecuencia coa que estas denominacións teñen por referente extralingüístico pequenos regatos ou correntes fluviais de escasa importancia, aspecto que parece reforzar a súa vinculación coa raíz hidronímica en cuestión. De todos os xeitos, coidamos que nesta enumeración cómpre ser extremadamente cauteloso con aqueles ítems que poidan remontarse ao lat. UARA 'vara, pau delgado e longo', ou mesmo nalgún caso á raíz *bar- 'depresión, costa, altura', de presenza ben contrastada en todo o Noroeste peninsular. De calquera xeito, podemos comprobar que existe un contexto toponímico o suficientemente amplo e representativo no que o derivado *UERĒNES encaixa sen dificultades. No que se refire á evolución fonética do topónimo, podemos afirmar que seguiu canles perfectamente previsíbeis tendo en conta os patróns propios da fonética histórica galega. Deste xeito, produciuse a perda do -N- etimolóxico, seguido como decote da nasalización das vogais contigüas (*UERĒNES > Verẽẽs), a redución da secuencia vocálica resultante (Verẽẽs > *Verẽs) e a consonantización da resonancia nasal (*Verẽs > *Veréns). A outra alteración de relevancia foi a síncope da vogal pretónica [e] (*Veréns > Brens) 65, constatábel segundo vimos en moitos outros topónimos presuntamente baseados no mesmo radical, como Brans, Bralo ou Braño. Como pode comprobarse, os rexistros de DTT parecen suxerir unha certa alternancia entre as formas maioritarias Uarees / Uerees e a forma illada Breis (1213), na cal, segundo parece, o hiato romance [ẽẽ] experimentou a disimilación do segundo dos elementos vocálicos implicados, i.e., [ẽẽ] > [ej]. Aínda que este tratamento alternativo non acabou por callar no caso concreto de Brens, coñecemos outros pares toponímicos que presentaban etimoloxicamente unha secuencia fonética final idéntica á de *UERĒNES, mais nos que cada un dos ítems en cuestión seguiu un rumbo evolutivo distinto no tocante ao tratamento do hiato [ẽẽ]: referímonos aos casos de Mens (med. Menes TB 1174) / Meis, Lens (amplamente documentado en DTT baixo 65 Tal vez o devandito topónimo Barés, que lle dá nome a unha zona da parroquia de Saavedra (Begonte), non sexa senón o resultado dun derivado *UARĒNES / *UERĒNES (baseado probabelmente no mesmo radical hidronímico que Brens, tal e como suxire ademais a localización de Barés na mesma beira do río Miño) no que se verificou un tratamento da secuencia vocálica [ẽẽ] coherente coas pautas fonéticas propias do galego central ([ẽẽ] > [ẽ] > [e], i.e., *Barẽẽs > *Barẽs > Barés), e no que se mantivo ademais a vogal pretónica, fronte á síncope que se produciu no topónimo ceense. Sexa como for, trátase dunha proposta meramente conxectural, plausíbel á luz dos datos expostos, mais carente polo de agora do necesario apoio documental.

 formas como Leens, Lees, Lenes, Leeis ou Leeyns, entre outras) / Leis de Nemancos (atestado en DTT como Leis e Lex, este último con latinización gráfica do ditongo final, como en Caldas de Reis / med. Caldas de Rex e similares), quizais tamén Rens / Reis e algún outro exemplo máis.

EL COMENTARIO

 Quedó probado de forma meridiana y clara que la opción latina Veranes/Veranius trasladada de forma masiva y sin oposición a la opinión pública asturiana desde los principales altavoces mediáticos regionales ni es la única ni es la que cuenta con mayor solidez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario